Neste segundo trimestre contamos coa inestimable compaña de Charlie Bucket e do seu creador Roald Dahl. Faláronnos das aventuras de Charlie na fábrica de Willy Wonka e de como, logo de visitar a fábrica e aturar uns insoportables nenos, conseguira gañar o premio (“De golpe, o señor Wonka estalou de entusiasmo. -¡Pero, meu querido rapaz- berrou, -iso significa que gañaches ti-. Saíu lixeiro do ascensor e empezou a apertar a man de Charlie con tanta forza que case lla escorda. -¡Ou, felicidades!- berrou.)
Despois de falar sobre o libro, o xoves 14 de maio visionamos a película de Tim Burton que adapta dita obra. Deste xeito puidemos comparar o relato literario co cinematográfico e ver que as adaptacións cinematográficas sempre varían algo con respecto á obra literaria.
Se queredes coñecer máis a este autor, divertir un pouco e practicar inglés, podedes entrar na páxina www.roalddalh.com.
A próxima cita témola o martes 26 de maio, no tempo de lecer.
0 Comments