De cara ao debate que imos ter sobre a película “Persépolis”, de Marjane Satrapi, cómpre lembrar o que aconteceu no país dos persas en 2009. A protesta contra a manipulación electoral das eleccións presidenciais a prol do candidato do réxime teocrático desencadeou una vaga de protestas coñecida como a Revolución Verde, pola cor que empregaban os manifestantes como símbolo da súa loita. A revolta, precursora da “Primavera Árabe” rematou con 80 mortos, 18 condenas a morte e a consolidación dun réxime totalitario que reprime os dereitos do 50% da poboación. Neste vídeo, que reconstrúe o acontecido coa fermosa canción italiana “Bella Ciao” de fondo, chama a atención a protagonismo das mulleres, con ou sen velo.
O 30 de xaneiro de 1948, un fanático hinduísta asasinou a Mathama Gandhi, o máximo defensor da política da non-violencia. Apostando por medios pacíficos, conseguiu levantar un pobo de 500 millóns de habitantes, a India, en prol da súa libertade. Dende 1964 esta data foi elexida para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
“Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño”
Gandhi
“Nunca houbo unha boa guerra nin unha mala paz”
Benjamin Franklin
“Cando o poder do amor sobrepase ao amor ao poder, o mundo coñecerá a paz”
Jimi Hendrix
“Aqueles que fan as evolución pacíficas imposibles converten as revolucións violentas en inevitables”
John Fitzgerald Kennedy
DRÁCULA
No Nadal animámonos a ler a obra de Bram Stoker, Drácula. A historia do Conde Drácula e dun grupo de amigos que loitan contra a súa existencia. Obra mestra da literatura universal coa que sentimos o medo de verdade e chegamos a crer na existencia dos vampiros.
Bram Stoker (1847-1912) naceu ao norte de Dublín. Viviu a infancia a carón da nai, Charlotte, feminista militante que lle contaba historias terribles das epidemias e pobreza que arrasaban Irlanda. No cemiterio, preto da súa casa, enterraban os suicidas atravesados por unha estaca para impedir a fuxida dos espíritos.
As próximas xuntanzas programadas terán lugar nas datas seguintes:
DECEMBRO LUNS 13
LECTURA para o NADAL Drácula, de Bram Stoker
LECTURA 2º trimestre O CAN DOS BASKERVILLE, Arthur Conan Doyle
XANEIRO
LUNS 17 , 31
FEBREIRO
LUNS 14, 28
DRAGÓN GÁRGOLA
A Gárgola domina a arte da camuflaxe. Acostuma pasar inadvertido entre a mampostería dos edificios das cidades. Tamén pode permanecer inmóbil durante longos períodos de tempo, mimetizándose coas esculturas de pedra entre as que adoita esconderse. As súas pequenas ás impídenlle ser un experto aviador, pero é un saltador excepcional, podendo abalanzarse sobre as súas vítimas dun salto.
Aliméntase de ratas, morcegos e gatos; se ten moita fame, pode chegar a remexer no lixo en plena noite.
Se queres saber máis… Dragones del mundo, de Ernest Drak
Xaquín elaborou unha marabillosa presentación sobre os dragóns. Algunhas imaxes…
Para que vos vaiades animando a investigar sobre este tema.
Neste mes de Santos retomamos as xuntanzas d´O Faladoiro, con algunhas novidades relativas a días, horarios e novas actividades. O día dos encontros vai ser o luns, aproximadamente de 15:00 16:30. Comemos algo e logo falamos do libro. Van ter lugar cada quince días. Falaremos do libro (as lecturas páutanse), escoitaremos música, veremos vídeos e fragmentos de películas relacionados co tema do trimestre… Para cada un marcaremos unha lectura común. Paralelamente (tamén o mesmo día e á mesma hora) outro grupo verá unha película e logo realizarán un coloquio para compartir as súas opinións sobre o filme visionado. Ademais, ao final da sesión proporase unha música para escoitar na casa e despois comentala na seguinte sesión.
Isto promete. Onte, martes 8 de novembro, acudiron moitas rapazas e rapaces, e algúns que non puideron.