Archives for category: MANGA

A axilidade narrativa chama a atención e gusta, non obstante semella pouco realista que o protagonista queira ser Mangaka e a rapaza actriz.

Ademais falouse de que se percibe a forte presión social que existe no Xapón, de educarse en función duns roles que veñen asignados pola familia desde o comezo. E o positivo en Bakuman é comprobar como o grupo de mozos e mozas se rebela fronte a esta presión.

Os puntos de xiro resultan moi interesantes, sempre sucede algo inesperado.

Interesante ver o tema do manga dentro do manga. Saber como se fai un story board a través de Bakuman.

A través desta lectura obtemos moita información para ter un maior coñecemento do mundo do manga.

Un momento interesante resulta ser aquel no que se plantean que tipo de manga crear.

E comprobar como a figura do mangaka é especialmente respectada.

BAKUMAN 1

Dous mozos toman a decisión de percorrer o arduo “camiño do manga” co obxectivo de facerse cunha gloria reservada para uns poucos: Moritaka Mashiro, que ten moi boa man para o debuxo, e Akito Takagi, que escribe de marabilla, deciden formar un dúo creativo coa idea de forxar unha nova lenda do manga!

Autores: Tsugumi OhbaTakeshi Obata

Colección: CÓMIC MANGA

Series: BAKUMAN

O pasado sábado, no Xabarín Club, volveu emitirse One Piece, na súa programación de anime.

Se queredes ver o enlace de onde saquei a nova: http://anxoblanco.wordpress.com/2012/02/13/volve-one-piece-a-galegaahora-na-tvg2/

E na páxina da Televisión de Galicia din:

Na fin de semana “Xabarín Club” tamén incorporará este sábado á súa oferta infantil a serie “One Piece”, unha versión animada do mítico manga xaponés, creado por Eiichiro Oda. One Piece é unha aventura épica de piratas onde conta a historia dun rapaz chamado Luffy D. Monkey que cando tiña 7 anos, comeu accidentalmente a froita do demo, converténdose nun home de goma incapaz de nadar. Dez anos despois, Luffi, inspirado por un pirata, sae ao mar para converterse no rei dos Piratas, para esta misión necesita atopar unha tripulación para esta aventura.

http://www.crtvg.es/crtvg/crtvgviva/xxx

Neste segundo trimestre estamos a nos achegar ao mundo do manga, tema proposto polo alumnado que participa na actividade.

Como son doados de ler e hai moitas propostas interesantes, desta volta non todos lemos o mesmo. A oferta vai desde One Piece (unha de piratas) , pasando por Bakuman (que conta as peripecias protagonizadas polos autores dos manga), Carta al futuro (un romance)… ata Death Note.

Un dos personaxes que aparece neste último, e que é un habitual neste tipo de lecturas, é o shinigami.

Un shinigami (Deus dá morte) é unha personificación da morte na mitoloxía xaponesa. Non está claro cando se orixinou este concepto na cultura xaponesa e pode ser importado de China, ou posiblemente desde Europa. É polo que o personaxe occidental da Morte é un equivalente dos shinigamis. Parece ser, con todo, un termo recente xa que non pertence a ningunha deidad Shinto específica e é raramente usado no folclore. Actualmente, o uso do termo shinigami para facer referencia a un psicopompo e outros seres sobrenaturais asociados coa morte, é moi común nos mangas e animes xaponeses. Por exemplo, as series, Ballad of a Shinigami, Bleach, Death Note, Full Moon wo Sagashite, Soul Eater, e Kuroshitsuji usan os shinigami como unha parte fundamental da trama.
Nos mangas, a súa función é velar e decidir quen morre e como, ás veces ata alimentándose das almas humanas. Existe un gran misticismo ao redor desta figura, xa que non se pode delimitar se é boa ou mala, aínda que -nas narracións- moitas veces as súas decisións parecen cruentas e horribles. Pero a pesar de que as distintas relixións que lles deron un carácter demoníaco, o seu carácter é máis neutral. Pertencen á caste baixa dos deuses. Hai relatos que contan que estes deuses axudaron aos humanos a cumprir certas tarefas.

http://es.wikipedia.org/wiki/Shinigami