Archives for category: LITERATURA

Marjane Satrapi, unha das artistas iranís máis aclamadas, galardoada con varios premios entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême, ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán, que é á súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e unha época. Grazas á súa gran carga emotiva, crítica e irónica, Persépole converteuse nun cómic de referencia.

 

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentesque xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería taméninteresante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos? O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós? En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?

O VENRES 27 DE MAIO TERÁ LUGAR UNHA NOVA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA O FALADOIRO NO MUÍÑO DE FAUSTO, EN COIRO.

AO SOLPOR, LEREMOS RELATOS DE MEDO E MISTERIO, DOS CLÁSICOS DA LITERATURA UNIVERSAL E GALEGA (POE, LOVECRAFT, ÁNXEL FOLE, LENDAS POPULARES…) E MESMO, SE NOS ANIMAMOS, PODEMOS INVENTAR NÓS OS NOSOS PROPIOS CONTOS. CONSEGUIREMOS PASAR UN POUCO DE MEDO???

O ENTORNO É UN LUGAR MÁXICO: A AUGA, A PEDRA, ÁS ÁRBORES… VAN SER COMPAÑEIRAS DE VIAXE. E O MUÍÑO RECIBIRANOS COS BRAZOS ABERTOS PARA QUE LLE DEAMOS VIDA, PARA CELEBRAR A FESTA DAS LETRAS, DA LECTURA, DAS VIAXES DA IMAXINACIÓN.

MÁIS IMAXES PARA IR CREANDO AMBIENTE

COMEZAMOS A LECTURA DUNHA NOVA NOVELA. NESTE CASO CONTINUAMOS COS DETECTIVES/INSPECTORES E ACHEGÁMONOS Á HISTORIA DE LEO CALDAS, O SHERLOCK HOLMES GALEGO.

Estivemos a falar da imaxe da portada. Suxeriunos dúas verbas: tebras e sangue, palabras que quizais resuman a lectura.

Chamounos a atención o comezo de cada capítulo: unha definición dun vocábulo que contén a esencia do mesmo.

CAP. I: AFOGAR

Tal vez porque o tío está como afogando?

Vemos como se nos presentan os personaxes. Leo Caldas (inspector, locutor de radio, relacións familiares), nun tempo de chuvia, acorde co estado de ánimo condicionado pola enfermidade do tío. E ademais, os atascos da cidade de Vigo.

Moi realista. Feitos moi próximos aos lectores, do día a día.

CAP. II: RESCALDO

Leo Caldas lembra o momento posterior á morte da nai.

Os sentimentos que lle quedan ao pai, os recordos da muller e do irmán.

Lembranzas da infancia, que lle fan sentir morriña.

Trátase dun capítulo moi nostálxico.

CAP. III: PENDENTE

Neste capítulo estoupa a acción. Rafael Estévez, o axudante aragonés do inspector, infórmao de que en Panxón vén de aparecer o cadáver dun mariñeiro, un afogado coas mans atadas.

O traballo nas viñas, a imaxe do inspector solitario, o recordo do cadáver da farmacéutica que poboou a súa infancia.

Imaxinamos un Leo Caldas enxeñoso, de poucas palabras, misterioso, cauto lacónico.

Para uns, posiblemente vestise traxe e levase chapeo; para outros, semella un pouco faldrulleiro, farroupeiro.

 

NA XUNTANZA DE HOXE, 21 DE FEBREIRO DE 2011, ESTIVEMOS A COMENTAR OS DEZ PRIMEIROS CAPÍTULOS DE O CAN DOS BASKERVILLE. TRÁTASE DUNHA LECTURA EMOCIONANTE, NA QUE CONSTANTEMENTE ESTAMOS EN SUSPENSE, CANDO SEMELLA QUE OS CABOS SE PECHAN, APARECE UN NOVO ELEMENTO MOTIVO DE INTRIGA, E NADA SE SOLUCIONA.

O AUTOR SORPRENDE O LECTOR DE CONTINUO. CANDO LOCALIZAMOS E IDENTIFICAMOS O PRESO FUXIDO QUE VAGABUNDEA POLO PÁRAMO, SAE A ESCENA UN NOVO HOME MISTERIOSO. E ESA ESTRAÑA PARELLA DE IRMÁNS? QUE AGOCHAN? PARECE QUE SABEN MOITO.

PASAMOS MEDO COS OUVEOS ESTRAÑOS, PENETRANTES E QUE FAN TREMER, XURDIDOS DO TREMEDAL, DO PÁRAMO QUE TODO O ENGOLE.

XUNTANZA DO 21 DE FEBREIRO

 

PEGADAS DO DEMO SOBRE A NEVE

O inverno de 1855 foi rudo en Inglaterra, ata o punto de que a neve cubría mesmo o condado de Cornualles, ao oeste do país. A  mañá do 8 de febreiro, os habitantes da rexión de Devonshire que bordea a desembocadura do río Exe, descubriron, con estupefacción e inquedanza, longas liñas de pegadas en forma de pequenos cascos de cabalo.

Estas pegadas, que medían dez centímetros de longo sobre sete de ancho, eran estrañas en moitos aspectos. O que sorprendeu ás innumerables testemuñas e espertou a atención do público foi a súa regularidade, a súa nitidez e, sobre todo, o feito de que estaban todas perfectamente aliñadas, coma se fosen o resultado de ter saltado sobre unha soa pata.

PREGUNTAS PARA CONTESTAR…

Cal é a procedencia do bastón e quen é o seu propietario?

Morreu sir Charles Baskerville realmente de morte natural?

A quen esperaba sir Charles a carón da porta que dá ao páramo, e de que ou quen fuxía?

Quen –e por que- quere extorsionar a sir Henry Baskerville?

Que perigos agardan a sir Henry no Palacio de Baskerville?

Poderá Watson protexer, el só, a sir Henry de Baskerville?

Por que teme ao seu irmán, Beryl Stapleton?

Confirmaranse os temores de Watson?

Capturarase ao asasino de Notting Hill?

Quen é o misterioso personaxe que ronda o páramo?

Que implicacións ten no caso Laura Lyons?

Por que estaba Selden tan aterrado?

Lograrán capturar o culpable?

Morreu realmente Stapleton e con el a maldición dos Baskerville?

A modo de epílogo.

Conan doyle.jpg

ARTHUR CONAN DOYLE NACEU EN EDIMBURGO EN 1895 E MORREU EN CROWBOROUGH (SUSSEX) EN 1930.

ESTUDOU NAS UNIVERSIDADES DE STONYHURST E DE EDIMBURGO, ONDE REMATOU A CARREIRA DE MEDICINA.

ENTRE 1882 E 1890 EXERCEU COMO MÉDICO EN SOUTHSEA (INGLATERRA).

NO 1887 PUBLICOU A NOVELA DE INTRIGA A STUDY IN SCARLET, QUE CONSTITÚE O PRIMEIRO DEOS SESENTA E OITO RELATOS NOS QUE APARECE SHERLOCK HOLMES, O DETECTIVE DE FICCIÓN MÁIS FAMOSO DO MUNDO E UN DOS PERSONAXES MÁIS IMPORTANTES DA HISTORIA DA LITERATURA UNIVERSAL.

PARA A CREACIÓN DO PERSONAXE INSPIROUSE NUN PROFESOR QUE COÑECEU NA UNIVERSIDADE CON ENXEÑOSA HABILIDADE PARA O RAZOAMENTO DEDUCTIVO.

TODOS OS PERSONAXES QUE CREOU FORON BRILLANTES, DESDE A CREACIÓN DO SEU SHERLOCK HOLMES, ATA OS PERSONAXES QUE O ACOMPAÑAN: O SEU BONDADOSO E TORPE AMIGO, O DOUTOR WATSON, QUE É O NARRADOR DOS CONTOS, E O ARQUICRIMINAL PROFESOR MORIARTY.

Fontes: http://www.bibliotecasvirtuales.com, http://www.biografiasyvidas.com

Tamén existe un interesante estudo no libro INTERTEXTOS: Aspectos sobre la recepción del discurso artístico, no capítulo escrito pola profesora da universidade de Barcelona Gemma Pujals, SHERLOCK HOLMES Y EL PERRO DE BASKERVILLE COMO PRETEXTO PARA  LA FORMACIÓN DEL INTERTEXTO LECTOR, referencia atopada no sitio http://jcfdezaller.lacoctelera.net/post/2010/07/30/un-interesante-estudio-academico-sobre-perro-baskerville

AVENTURA DE SHERLOCK HOLMES NA QUE O ENIGMA, O ELEMENTO CENTRAL DA HISTORIA, PRESENTA CARACTERÍSTICAS INTERESANTES, PORQUE AO FEITO CRIMINAL VÉN A SUMÁRSELLE UNHA MALDICIÓN, UNHA LENDA FAMILIAR, QUE ENVOLVE TODO UN AMBIENTE MISTERIOSO E FANTÁSTICO. O GRADUAL DESENVOLVEMENTO DA ACCIÓN VAI LEVANDO CARA A UNHA EXPLICACIÓN SOBRENATURAL DOS FEITOS, ATA QUE FINALMENTE O LABOR DO DETECTIVE CONCLÚE COA EXPLICACIÓN NATURAL E LÓXICA DO CRIME E DE TODA A CADEA DE PEQUENAS INCÓGNITAS QUE SE NOS FORON PRESENTANDO.

Vlad Tepes (pintura en acuarela, Alemania, S. XVI)

A historia comeza cando o oficinista Jonathan Harker é enviado aos Cárpatos, Transilvania, coa misión de acudir ao castelo dun tal conde Drácula. A razón de tal mandato a Harker era que o conde adquira unhas vivendas situadas no centro de Londres, e polo tanto Harker debía levarlle os papeis correspondentes que o conde debería asinar para a adquisición de ditas vivendas.

Cando Harker chega ao castelo e coñece o conde, alóxase alí durante unha tempada, ata que todos os papeis para a adquisición estivesen en regra. Durante a súa estancia no castelo, Harker comeza a vislumbrar unha serie de acontecementos estraños e ve como a fasquía de afable ancián que semella ter o conde ao principio da súa visita, comeza a adoptar unha forma de ser máis excéntrica e estraña.