
IMAXES TIRADAS DE http://membres.multimania.fr/vampiras/coppola/coppola.htm
DRÁCULA, DE BRAM STOKER é unha película estadounidense dos xéneros de terror e romance, rodada en 1992 polo director Francis Ford Coppola e escrita por James V. Hart, baseándose na novela Drácula, orixinal de Bram Stoker.
Foi producida por Columbia Pictures. O reparto conta con Gary Oldman (interpretando o papel do conde Drácula), Keanu Reeves, Anthony Hopkins e Wynona Ryder. A banda sonora foi composta por Wojciech Kilar, mais o seu tema final, Love Son for a Vampire (Canción de amor para un vampiro) foi escrita por Annie Lennox. A película tivo unha boa acollida polo público, e obtivo catro nominacións aos premios da Academia en 1993, dos que gañou tres: Mellor deseño de vestiario, Mellor maquillaxe e Mellor edición de son.
Esta película é unha das múltiples adaptacións cinematográficas da novela de Stoker, pero está considerada como a súa adaptación oficial, xa que é a película máis fiel á novela, ademais de introducir nela personaxes que nunca se adaptaron en versións anteriores como Quincey P. Morris, ou Arthur Holmwood.
Relátanos a historia do conde Drácula, un antigo voivoda (comandante principal dunha forza militar) e líder dun grande exército valaco, que reside nun vello castelo do Cárpatos, en Transilvania. O conde é un non-morto, é dicir, un vampiro, que ten como único alimento o sangue humano. Este ser ten o poder de manexar ao seu antollo a fauna da natureza, pode converterse en néboa, voar, e mesmo adaptar a forma dun morcego ou dun lobo. Nesta película, amósasenos un Drácula máis romántico ca monstroso, xa que veremos como perde a súa amada traxicamente e despois namórase tolamente de Mina Harker, e vemos como ambos os dous entran nunha profunda historia de amor platónico.
A película colleitou un grande número de espectadores.
http://es.wikipedia.org/wiki/Dr%C3%A1cula_de_Bram_Stoker