Este é o ano do cómic no Faladoiro. Un dos títulos que barallamos para ler era a novela gráfica “Enrrugas” de Paco Roca, que acaba de ser publicada en galego por “El patito Editorial”. Pois ben, resulta que este 27 de xaneiro foi a estrea da película, unha xoia de animación que ven de ser nominada aos premios Goya na categoría de Mellor Película de Animación e Mellor Guión Adaptado. Grazas á produtora galega “Perro Verde Films” temos a oportnuidade de vela en galego nas pantallas da nosa comunidade. Aquí tedes o enlace á páxina web oficial

http://www.arrugaslapelicula.com/ga/

E o trailer da peli

http://www.youtube.com/watch?v=IXyNrZW4z-M