Este Trimestre, o Club de lectura para os rapaces e rapazas do IES Monte Carrasco sumérxese nos cómics de Tintín. O reporteiro creado por Hergé está de moda, sobre todo co gallo da estrea do filme de Spielberg “As aventuras de Tintín. O segredo do Licornio”. Por iso, os nosos socios están a ler os albumes nos que se basea a película: “El secreto del Unicornio”, “El tesoro de Rackham el Rojo” y “El Cangrejo de las Pinzas de Oro”. Misterio, intriga e aventuras en lugares exóticos, protagonizadas polo noso heroe, acompañado do seu inseparable Milú e do inefable capitán Haddock.